PROGRAMA DE GOBERNO

O programa electoral de Belén Rubio naceu dun proceso estruturado de escoita activa, análise e contraste, coa vontade de construír unha proposta compartida e realista para a Universidade de Vigo.

A súa elaboración partiu da experiencia acumulada na xestión universitaria e da análise de datos obxectivos procedentes do Portal de Transparencia, da evolución normativa e das reformas lexislativas que afectan ao sistema universitario. Sobre esa base, desenvolveuse un amplo proceso de consulta interna e externa.

No ámbito interno, mantivéronse reunións e encontros cos centros, cos seus equipos directivos e coas delegacións e representacións estudantís; co PDI-A e PDI-B (incluíndo asociados, axudantes doutores, contratados doutores e persoal investigador), co PTXAS, cos grupos de investigación, persoal predoutoral e co Programa de Maiores. Tamén se recolleu a visión de representantes sindicais e de colectivos específicos da comunidade universitaria.

Este traballo completouse coa consulta de fontes externas e coa análise comparada doutras universidades, co obxectivo de adaptar boas prácticas ao contexto propio da UVigo.

O documento final é, así, o resultado dun proceso participativo e rigoroso que integra a diversidade de voces da comunidade universitaria e que responde ao compromiso de construír a universidade das persoas desde o diálogo, a corresponsabilidade e o coñecemento compartido.

Scroll al inicio