H2040

No ano 2018 un colectivo de profesorado, persoal de administración e servizos e estudantes da Universidade de Vigo dos tres campus puxo en marcha un novo proxecto que situaba á PERSOAS no centro da acción de goberno e buscaba outro xeito de entender a Universidade. Nas primeiras reunións deste grupo de persoas elaborouse un “Manifesto Horizonte 2040” que formulaba unhas ideas moi concretas que, posteriormente, servirían para o programa electoral dos comicios dese ano. A idea de Horizonte 2040 dou lugar as siglas H2040 que resumen, a día de hoxe, un novo xeito de facer que ten aportado 8 anos de cambios fundamentais na nosa Universidade. 

O liderato de Pachi Reigosa conseguiu unha primeira victoria nas eleccións de 2018 que revalidou en 2022. Baixo o mandato de Reigosa a Universidade de Vigo centrouse nas persoas, conseguindo o maior proceso de funcionarización e estabilización do país para profesorado e persoal de administración e servizos. Dito proceso puido combinarse cun traballo de optimización de recursos para conseguir cifras récord en investigación e transferencia onde a clave estivo no acompañamento das persoas investigadoras. A potenciación dos campus de especialización, a automatización de procesos e a loita por o mantemento da demanda son só algún dos exemplos de logros que gardan relación directa co modelo sustentado nas persoas. 

A reunión de H2040 celebrada en setembro de 2025 ratificou a Belén Rubio como candidata da agrupación ás eleccións que celebrarán en maio de 2026. O apoio a Belén Rubio implica a continuidade do modelo de “a universidade das persoas” coa posibilidade de aportar un novo pulo nos proxectos que están pendentes, camiñando dende unha Universidade de Vigo de calidade a unha Universidade de Vigo confirmada na excelencia. 

Scroll al inicio